Un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación

COINSCRAP FINANCE S.L. foi unha das 30 PEMES galegas seleccionadas para formar parte deste programa de aceleración. O seu obxectivo é apoiar as solucións innovadoras para que alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Galicia Avanza impulsa a internacionalización das PEMES de base tecnolóxica ofrecendo unha panca para a validación do posicionamento e o reforzo da súa competitividade en mercados exteriores, achegando así o tecido empresarial galego ao mercado global.